 
A persoa que liderou as operacións do 25 de abril estivo na redacción de Vieiros; falou da Revolución dos Cravos e tamén das que veñen.
Un anaco da historia do século XX pasou unhas horas na redacción de Vieiros. Otelo Saraiva de Carvalho foi o principal estratega do 25 abril, acción que de xeito rápido e eficaz (sen apenas violencia) mudou cinco décadas de ditadura por poder popular. De Saraiva dise que poucas persoas en Portugal tiveron tanto poder ao alcance da man, pero tamén que ninguén o rexeitou nunca de xeito tan categórico como el. A revolución foi por outro camiño e o Saraiva retirouse do primeiro plano do presente. Mais aquí está, moitos 25 de abril despois, falando con entusiasmo do que se fixo e do que ficou sen facer, e tamén das revolucións aínda pendentes. 
Naceu en África e quería ser actor; mais unha enfermidade levouno para Portugal e a tradición familiar encarreirouno cara á vida militar. Non quixo chegar a xeneral, mais conserva os ademáns de home de mando: despois duns minutos de conversa, ordenou que comezásemos a entrevista.
"Dende un punto de vista realista era utópico naquelas circunstancias tentar instaurar un novo modelo de réxime político nun país pobre, como era Portugal, sen recursos (...) O Partido Comunista tentouno facer, obedecendo ideoloxicamente a Moscova (...) Tomou ao asalto os medios de comunicación social, os concellos, e procurou identificarse en termos públicos co MFA. O resultado foi que o mundo occidental comezou a chegar á conclusión que  o MFA estaba formado por comunistas e que era o brazo armado do PCP".
"O 25 de novembro vai ser o final dunha acción continua e deliberada do Frank Carluci" (embaixador norteamericano en Portugal).
 
						
									 
						
									 
						
									 
						 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto