Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
POLÉMICA

O delegado de Medio Rural en Lugo acusa a UUAA de intentar crear o caos no sector lácteo

Emilio López considera que intenta utilizar os gandeiros con fins "políticos" e botar abaixo os intentos da consellaría de estabelecer contratos homologados.

Redacción / Europa Press - 17:50 23/04/2008
Emilio López, delegado de Medio Rural en Lugo

Emilio López, delegado de Medio Rural en Lugo

As protestas pola baixada do prezo do leite en orixe está a abrir unha forte polémica política. O delegado de Medio Rural en Lugo, Emilio López, ex dirixente do SLG, acusou a Unións Agrarias de intentar a sabotaxe do sector lácteo galego con fins “político-sindicais”. López cre que o sindicato crea tensión en protestas como a desta semana fronte a Leite Río para dar unha sensación de “caos”. O delegado foi máis aló e insinuou que esta mesma organización agraria pode estar detrás das sabotaxes que sufriron este mes catro camións cisterna da mesma empresa. O delegado de Medio Rural subliña que Unións aumenta o ton das manifestacións xusto cando a consellaría e o sector estaban a traballar nun contrato estábel e homologado entre produtores e empresas, que sirva para garantir prezos no tempo.

Pola súa parte o secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García, cre que as declaracións de Emilio López son “máis propias” dun membro do consello de administración de Leite Río ca dun delegado da consellaría. Tamén dixo que López ten unha “obsesión” con UU.AA. García sinala que escolleron á empresa luguesa como centro da última protesta porque foi a que máis baixou o prezo do leite.


5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: