Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
PARA AMOSAR CONTIDOS AUDIOVISUAIS DA SÚA ACTIVIDADE

Caixa Galicia crea a súa canle propia en YouTube

Caixa Galicia creou a súa propia canle na plataforma 'YouTube', que utilizará para mostrar os contidos audiovisuais máis representativos das diferentes áreas do grupo: financeira, acción social a través de Fundación e Obra Social, Corporación Caixa Galicia e Escola de negocios, entre outros

Redacción - 13:58 22/04/2008

En CaixaGaliciaTV a entidade bancaria ofrecerá, ademais, asesoramento e axuda para mostrar aos clientes demostracións de funcionamento de sistemas como a banca electrónica; mercadotecnia e campañas comerciais e difusión de eventos corporativos.

O sitio web propiedade de Google, cunha media 72 millóns de visitantes únicos ao mes, permite aos usuarios subir, ver e compartir clips de vídeos. No caso de Caixa Galicia ofreceranse algúns vídeos que xa están a disposición dos clientes a través de pantallas distribuídas en moitas das oficinas da rede comercial así como nas sedes de Fundación e Obra Social.

CaixaGaliciaTV conta actualmente con máis de 20 vídeos subidos a esta plataforma e espera chegar á publicación de máis de 100 nos próximos meses, segundo informou hoxe a entidade financeira.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: