Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ACORDO COS SINDICATOS

A Xunta convoca 3.284 prazas este ano, “a maior oferta da historia”

Romeu subliña que prevalecerá "a libre concorrencia". Porén, haberá 433 prazas onde o único xeito de acceso será un concurso de méritos.

Redacción - 14:22 21/04/2008

O conselleiro de Presidencia, Xosé Luís Méndez Romeu, non aforrou palabras para describir a Oferta Pública de Emprego para 2008: “Vai ser a maior da historia da Xunta”. O conselleiro explicou as prazas dispoñíbeis logo de asinar coa CIG, CC.OO e UXT o acordo, só o sindicato CSIF non está conforme coa oferta.

Segundo Méndez Romeu, vai haber 1.936 postos para persoal laboral e 1.348 para funcionarios. Dentro deste último cupo, o conselleiro explicou que 1.283 serán para corpos xerais, con 435 prazas para a promoción interna. Porén, Romeu asegura que “a maior parte das prazas están abertas a todas as persoas que queiran acceder á administración, baixo o principio de libre concorrencia”.

Un dos apartados novidosos é que a Xunta crea 433 prazas para aquelas persoas que levan dez ou máis anos cunha vinculación laboral coa administración. Estes empregos ofertaranse exclusivamente mediante un concurso de méritos. O conselleiro subliñou que todos os procesos selectivos rematarán ao longo do vindeiro ano.


5/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: