Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Venezuela

Edición xestionada por Xurxo Martínez Crespo
RSS de Venezuela
NO FESTIVAL DE CINE DE MÁLAGA

Filme venezuelano Cyrano Fernández obtivo dous premios en Málaga

O filme venezuelano Cyrano Fernández, do director Alberto Arvelo, logrou os galardóns correspondentes a Mellor Actor (Edgar Ramírez) e Premio do Público, no Festival de Cine de Málaga.

Xurxo Martínez Crespo - 11:20 16/04/2008

Ramírez logrou o recoñecemento polo seu papel dun delincuente xusticieiro, inspirado no clásico francés Cyrano de Bergerac, informou o seu axente de prensa.

O filme foi exhibido como parte da sección do festival denominada Territorio Latinoamericano, que concedeu o premio á Mellor Película á mexicana Dos abrazos, de Enrique Begné, quen ademais logrou o galardón á Mellor Dirección.

Mercés Scapola foi a Mellor Actriz de Territorio Latinoamericano por Rancho aparte. Ademais, Luz Palazón recibiu unha mención especial do xurado polo seu papel nesta última película, dirixida por Edy Flehner, que logrou tamén o Premio Especial do Xurado.

O filme Un novio para Yasmina, foi premiada como Mellor Película da Sección Zonazine. Dirixida pola estremeña Irene Cardona, a cinta tamén conseguiu a Biznaga do Premio do Público desta sección.

Así mesmo, a Biznaga de Prata ao Mellor Actor foi para Miguel Ángel Silvestre por Zhao e a de Mellor Actriz para María Luisa Borruel, por Un novio para Yasmina .

Doutra banda, o Premio á Mellor Dirección foi para Danny Saadia por 3:19 e o Premio Alma ao Mellor Guión para Ciro Altabás, por Hobby.

O xurado da sección Territorio Latinoamericano do undécimo Festival de Málaga de Cine Español, celebrado do 4 ao 12 de Abril, estivo integrado por: Enrique Gabriel (presidente); Sylvia Perel; Jorge Sánchez Eslamiada; Javier Rioyo; e Malena Alterio.


5/5 (2 votos)