Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
GALICIAPMS E GALICIAXA

Innovación lanza dous novos portais dirixidos ás pequenas empresas

Unha das webs inclúe todo tipo de recursos para as pemes, mentres que a outra contén ligazóns ás outras páxinas da consellaría da mesma temática.

Redacción - 19:10 15/04/2008

A Consellaría de Innovación e Industria presentou este martes dúas novas páxinas web dedicadas ás pequenas e medianas empresas. A primeira delas, GaliciaPMS, é un espazo destinado especificamente a fornecer de ferramentas de información e servizos ás pemes, mentres que GaliciaXa é un portal de acceso a todas as iniciativas en liña da Consellaría destinadas ao tecido empresarial.

O portal GaliciaPMS inclúe seccións como "Enterpemes", de servizos, foros e videoconferencias, "Oportunidades de negocio", cun taboleiro virtual e datos de contacto de 70.000 pemes do país, ou "Programas e servizos", con información sobre axudas e concursos e unha área de descargas.

Ademais, a web inclúe a Guía dos Parques Empresariais Galegos, con toda a información sobre eles, como a súa localización, accesos, infraestruturas, empresas que os compoñen e espazo libre.

Por outra banda, GaliciaXa é unha páxina contedor de acceso aos diferentes proxectos da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información. Actualmente, ten ligazóns a ByGalicia, Sociedade da Información, Mancomún e ao mesmo GaliciaPMS. Pódese acceder a cada unha desas páxinas ou subscribirse mediante unha semente RSS a cada unha delas.


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: