Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Os galegos revalidan título

Óscar Vicente e Melina Alonso gañan o campionato estatal de duatlón

Os dous deportistas do Cidade de Lugo Club Fluvial, volven conquistar os ouros que conseguiron hai xusto un ano en categoría júnior e cadete, respectivamente.

Redacción - 11:30 14/04/2008

Con catro equipos -dous masculinos e dous femininos- acudiu o Cidade de Lugo Club Fluvial a Fuenlabrada, para disputar o Campionato de España de Duatlón nas categorías Cadete e Júnior e, mais unha vez, volveu demostrar o potencial dos seus deportistas.

Na categoría júnior masculina destacou o galego Óscar Vicente, internacional júnior coa selección española de triatlón e duatlón, que investiu 56 minutos e 9 segundos (12 segundos menos que o seu compañeiro Mario Mola, e 41 segundos menos que Albert Moreno) para revalidar o seu título. Na categoría feminina venceu a madrileña Ana de Gregorio, do Bricoblock-Esproten-Tritoledo.

Ouro tamén na categoría cadete

A outra atleta do Cidade de Lugo Club Fluvial que destacou en Fuenlabrada foi a galega Melina Alonso, vixente campioa estatal, que conseguiu revalidar título. A galega estivo acompañada no podio pola estremeña Míriam Casillas (A.D. Triatlón Pacense), e por outra galega, Samia Zahidi, do Club Atletismo Porriño, que conseguiu o bronce.

Na categoría cadete masculina do Club Fluvial tamén conseguiu outra medalla, a de bronce, que foi para Francisco González, segundo clasificado por detrás do ceutí Jaime Fontán e por diante do vasco Urko Berdud.

O clube lugués quedou de primeiro na categoría cadete feminina e na júnior masculina. Na júnior feminina foi o segundo clasificado por clubes, e na cadete masculina o quinto.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Melina Alonso, entrando soa na meta
Melina Alonso, entrando soa na meta
Óscar Vicente, compartindo podio con Ana de Gregorio, gañadoras, ámbolos dous, na categoría júnior
Óscar Vicente, compartindo podio con Ana de Gregorio, gañadoras, ámbolos dous, na categoría júnior