Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
OPOSICIÓNS LIBRES E PROMOCIÓNS INTERNAS

Méndez Romeu anuncia que a oferta de emprego en 2008 será “moi importante”

O conselleiro afirmou que hai un acordo para resolver a situación dos interinos e dos traballadores aos que os tribunais lles recoñece relación coa Xunta.

Redacción - 14:50 13/04/2008
Méndez Romeu, conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

Méndez Romeu, conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

O bipartito quere sacar este ano a maior convocatoria de traballo público da lexislatura. Isto é o que se desprende das declaracións que fixo este domingo na Coruña o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Xosé Luís Méndez Romeu. Segundo o conselleiro, o seu departamento chegou este sábado a un acordo cos sindicatos para que en 2008 haxa unha oferta pública de emprego “moi importante” tanto para opositores libres como para aquelas persoas que traballan para a administrón e teñen expectativas de promoción interna.

Méndez Romeu afirmou que o acordo cos sindicatos (CIG, CC.OO e UXT) estabelece mecanismos para “resolver o problema de varios colectivos”. O conselleiro referíase con estas palabras ás sentenzas xudiciais que recoñecen relacións laborais de traballadores coa Xunta. Para isto, Romeu sinalou que haberá “un procedemento de acceso ao emprego público e, posteriormente, un concurso de traslados”. Mais o conselleiro tamén aludiu ao “acceso á estabilidade dalgúns colectivos de funcionarios interinos que por diferentes razóns levaban un longo tempo exercendo funcións de xeito precario”.


2,2/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: