Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Irlanda

Edición xestionada por María Golpe
RSS de Irlanda
Dimisión de Bertie Ahern

O primeiro ministro irlandés deixará o cargo o 6 de maio

Ahern está sendo investigado por posibles donacions ilicitas nos anos 90.

María Golpe - 10:55 04/04/2008

A dimision de Bertie Ahern chegou de sorpresa e, aínda que moitos na oposicion tiñan pedido a súa retirada, nin os mais optimistas esperaban a súbita reacción do Taoiseach.

A data esta fixada: o 6 de maio, Bertie Ahern deixará o seu posto como primeiro ministro da República de Irlanda, despois de once anos como Taoiseach (o segundo mandato máis longo na historia do país).
Ahern declarou que a súa decisión e estrictamente personal e foi tomada "en interés do público". Nunha intervención pública emotiva e de case 15 minutos, Ahern dixo sentirse fachendoso "de ter feito unha contribución a unha incomparable era de paz, prosperidade e progreso nesta illa", e negou que a sua dimisión estea vinculada a "acontecementos recentes no Tribunal Mahon".

Dende 2006, as finanzas de Ahern estan a ser investigadas polo Tribunal Mahon (o tribunal fora establecido polo parlamento en 1997 para investigar pagamentos ilícitos a políticos, como agradecemento por decisións políticas). Ahern está acusado de recibir pagamentos irregulares de diferentes homes de negocios (en Irlanda e no Reino Unido), abusando da súa posición como ministro de finanzas entre os anos 1993 e 1994.

A semana pasada, declaraba diante do tribunal a antiga secretaria do Taoiseach, Grainne Carruth. A sua intervención (e certas contradiccións coa versión dada por Bertie Ahern diante do tribunal) parece ter adiantado a decisión da retirada do primeiro ministro, ainda que o Taoiseach nega as acusacións.

A pesar dos seus avatares no Tribunal Mahon, Bertie Ahern lograba a re-elección en maio do ano pasado, converténdose no primeiro Taoiseach (dende Eamonn de Valera) re-elixido en tres eleccións consecutivas.

Ahern subía ao poder en 1997 como o Taoiseach máis novo da historia de Irlanda con só 45 anos, e no 1998 gañaba recoñecemento internacional pola sua participación nas negociacións do acordo de paz do Venres Santo, fito histórico no proceso de paz no Norte de Irlanda.

O día 6 de maio saberase quen reemplazará a Ahern como Taoiseach, pero todo apunta que o Tanaiste (vice-primeiro ministro) e ministro de finanzas, Brian Cowen, será o novo lider de Fianna Fail.


Ligazóns

5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: