Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Posíbel adianto electoral a marzo

Quintana agarda que a experiencia do bipartito "madure"

O voceiro nacional do BNG cualificou esta lexislatura como "primeira fase de cambio" e dixo esperar que se repita con "máis fiabilidade".

Redacción - 09:00 31/03/2008

Poñer "en práctica" todos os procesos que nos tres anos de lexislatura transcorridos "maduraron". Esa é a meta para este 2008 en opinión do voceiro nacional do BNG, Anxo Quintana. Diante dos micrófonos da RNE, Quintana avaliou ademais que non haberá cambios no equipo de Goberno no que queda de lexislatura.

A realización do sistema galego de benestar; a concreción práctica da rede publica de educación infantil, as Galescolas; o treito inicial do Banco de Terras, o 'plan sectorial de vivenda protexida, as novas concesións eólicas coas que "por primeira vez a enerxía que se xera en Galiza funcione ao servizo dos cidadáns"... Foron algúns dos eixos de goberno destacados por Quintana, para quen este treito final será "o ano das realizacións". Así, na súa opinión, o esquema de goberno actual, o bipartido de PsdeG e BNG, é o que se debera repetir á volta das próximas eleccións, aínda que si recoñeceu que lle gustaría que ese novo treito tivese "máis fiabilidade política" outorgada segundo el "pola experiencia".

Por outro lado, Anxo Quintana advertiu de que se o PSOE pretende o apoio do BNG para a próxima investidura de José Luis Rodríguez Zapatero como presidente do goberno español, os socialistas deberán recoñecer á formación "como unha forza política coa que se ten unha relación preferente". A partir de aí, Quintana entende que debe existir o recoñecemento institucional de Galiza "ao mesmo nivel" que Euskadi ou Cataluña. Nesa liña, o líder dos nacionalistas galegos entende que mentres non se dea a situación de contar "cun Estatuto de nación", debe existir un compromiso para "intensificar o proceso de transferencias en cuestións tan importantes como o tráfico e seguridade viaria e salvamento marítimo".


4.33/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: