Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Cara á apertura de lexislatura no Congreso

“Cada vez que os votos do BNG sexan decisivos, Galiza sacará proveito”

O voceiro nacional do Bloque confirmou que dirixirá persoalmente a negociación co PSOE, malia que os contactos do día a día estarán a cargo de Francisco Jorquera.

Redacción - 10:30 15/03/2008



“Non hai presa, levabamos moito tempo en campaña e agora é o momento de repousar ideas”, subliñou este venres o líder do BNG ao respecto das negociacións abertas co PSOE cara ao posíbel apoio durante o novo treito que proximamente se abrirá no Congreso.

Quintana opinou que “é o señor Zapatero o que ten que mover ficha” e asegurou que o Bloque manterá fronte ao proceso “unha posición construtiva e dialogante”. Ao fío, prognosticou que durante a lexislatura que se inicia “os votos do BNG serán decisivos moitas veces, e cada vez que isto sexa así, Galiza sacará proveito, iso está asegurado”.


4,76/5 (17 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: