Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
VOLTA CICLISTA A SANTAREM

O Karpin Galicia corre en Portugal a sexta rolda da tempada

Do 13 ao 16 de marzo o equipo ciclista profesional galego estará pedaleando por terras veciñas, con Jesús Blanco Villar á fronte.

Redacción - 18:30 12/03/2008
Gustavo C. Veloso

Gustavo C. Veloso

O KGZ ha disputar, do 13 ao 16 de marzo, a Volta Ciclista a Santarem, a sexta por etapas no seu calendario nesta tempada.

Con Jesús Blanco Villar á fronte, o equipo galego en Portugal compóñeno Gustavo César Veloso, Vladimir Isaychev, Serafín Martínez, Juan Francisco Mourón, Alejandro Paleo, Gonzalo Rabuñal, Delio Fernández e Eduard Vorganov.

Comezando en Fátima
A proba, que comeza en Fátima e termina en Santarem, consta de 3 etapas en liña e unha contrarreloxo. Segundo o propio equipo ciclista profesional galego, as características do percorrido apuntan "ao mellor aproveitamento da competición por parte dos rodadores". O KGZ tamén destaca, da selección de ciclistas, a Gustavo C. Veloso, e Juan Mourón e e Rabuñal como referencias para esta proba.

A rolda lusa conta cunha destacada participación, composta por dezaoito equipos: Rabobank, Bouygues Telecom, Astana, KGZ, Cofidis, Barloworld, Agritubel, Gerolsteiner, Crédit Agricole, Benfica, Barbot-Siper, L.A.-MSS, Madeinox-Boavista, CC Loule, Palmeiras Resort-Tavira, Cerámica Flaminia, Fercase-Rota Dúas Moveis e Liberty Seguros.


4,5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: