Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
Está a favorecer a especulación urbanística "pura e dura"

O Concello de Moaña, non atende ás alegacións ao PXOM

O Concello de Moaña rexeitou 34 páxinas de alegacións máis outras 40 de anexos sobre a importancia e protección dos espazos naturais do municipio apresentadas por Luita Verde o 20 de decembro de 2005 ao PXOM (onde "tendo en conta as moitas  irregularidades que contiña, moitas delas de tal calibre que implicaban na realidade unha modificación total do mesmo" se solicitaba "a anulación total do PXOM presentado e partindo do documento como un documento de inicio de cara á realización dun verdadeiro plan xeral que satisfaga, como primeira premisa, os habitantes de Moaña e os seus intereses"), respostando con data de 11 de febreiro de 2007 de saída do concello (ou sexa despóis de máis de dous anos sen respostar) que "os puntos 1,2,3,5,6,7 e 8 se desestiman" a secas, os puntos 4 "estase actualizando e realizarase un estudo arqueolóxico do municipio" e o 9 "corrixirase erros da memoria", sen máis, e por engadido despóis de tanto tempo transcurrido, máis abaixo nos cita "O que lle comunico para o seu coñecemento a efectos, indicándolle que o presente acordo non é susceptible de recurso, por tratarse dun acto de trámite, a expensas da aprobación definitiva do Plan Xeral que corresponderá a Dirección Xeral de Urbanismo".

Luita Verde - 18:04 11/03/2008
Tags:

Ao mesmo tempo varios centos de alegacións modelo individuais de 2 páxinas, que cuestionaban en 9 apartados o diseño xeral do PXOM e nas que se solicitaba que "se procedera á corrección das deficiencias denunciadas e se dera unha resposta razoada ó alegado en aplicación do artigo 86 da Lei 30/1992 do RXAP e o PAC", están tamén a ser rexeitadas co peregrino comentario de "non se acepta a alegación porque non xustifica suficientemente o solicitado". Unha maioría  das alegacións das máis de 1800 presentadas tamén van ser desestimadas sin máis.

O PXOM promove a construcción de arredor de 6000 vivendas en 8 anos, o que suporía o duplicado da edificación e da poboación actual (máis de 18.000 habitantes), cando a poboación residente non subíu apenas un cento de habitantes nos últimos 20 anos (contando nacementos menos defuncións) e non se prevé que supere o medio milleiro nos vindeiros 10 anos, segundo previsións do propio PXOM;  todo elo a traveso da recalificación de perto de 3.000.000 de m2 de solo rústico de protección agrícola, forestal, de costas e de espazos naturais, incluídos os espazos protexidos do Carballal de Coiro e os Montes do Morrazo (este afectado por 3 proxectos de parques industriais, un de máis de 600.000 m2 na mesma cabeceira do río da Fraga), sin ningún estudo de impacto ambiental, co grave e irreversible impacto ambiental que eso supón, ó que habería que engadirlle o considerable aumento do gasto de auga potable, enerxético, de utilización transporte privado e da xeneración de residuos sólidos urbanos e de augas residuais que sopesarían por enriba da xa de por si problemática situación  actual para o municipio e a ría de Vigo. Con respecto ó patrimonio cultural e arqueolóxico o informe presentado polo PXOM estaba cheo de erros, fallas de ubicación e cuantiosas omisións, tal como alegáramos, e a Dirección Xeral de Patrimonio xa informou desfavorablemente en varias ocasións e o único que fixo o concello e contratar a unha empresa privada para que lle fixera un traballo de catalogación que apenas durou un mes e namentres é escandaloso ver como, por exemplo, o PXOM sigue a apostar por construir por convenio dúas torres de edificios de 8 alturas máis dous edificios posteriores a carón do pazo de Mendez Núñez, do século XIX ou outro tanto coa urbanización conveniada polo concello con PROMALAR a carón pazo de Concepción Arenal, tamén do mesmo século XIX e auténticos pulmóns verdes da asfixiante barriada do Real, o asentamento do Ramil e Finca de Castroviejo, tamén afectados por outro convenio, que aparte de patrimonio cultural tamén o son natural a traveso do monte e a carballeira a menos de 200 metros da ría e en solo rústico protexido de costas, por non falar da cantidade de hórreos, pombais, fontes, lavadeiros públicos, muiños ... do patrimonio etnográfico e civil que están sin catalogar e a desaparecer e asentamentos prerromanos, castros, petroglifos e mámoas que a pesares de estar catalogados unha maioría están con erro de descripción e mal ubicados e o que é pior abandoados pasto nos últimos anos da rapiña urbanística, dos recheos nos montes e das malas prácticas cidadanas por falla real de protección, posta en valor e mantenimento.


Está a favorecer a especulación urbanística "pura e dura" sen estar aprobado definitivamente, como está a suceder por exemplo na zona de Albariños, na parroquia de Tirán, onde un colectivo de veciños/as  propietarios "coa portavocía dunha persoa pertencente á empresa promotora Inmordos" e "vinculada a FADESA" están a presionar con todo o descaro para que o concello lles conceda a catalogación de solo urbanizable consolidado para construir perto de 600 vivendas onde actualmente está protexido como solo rústico agrícola e cando a Xunta xa lle informara desfavorablemente no seu momento ao concello da súa proposta de recalificación como solo urbanizable non consolidado para o lugar. A traveso do seu vínculo directo coa ubicación da subestación eléctrica (foi acordado polo concello e Unión FENOSA e incluido dentro da proposta apresentada polo concello á Xunta en decembro de 2006 de "escepcionalidade" para o PXOM á Lei 9/2006 de avaliación estratéxica ambiental), tamén está a xenerar polémica e rexeitamento social polo perigo de altas emisións de contaminación electromagnética que conleva este tipo de instalación, e que debido ás prisas por ver o PXOM aprobado e sin consensualo, de espaldas á cidadanía, primeiro foi plantexada construir na zona do Touzal, na parroquia de Meira e na actualidade na zona de Trigás, na parroquia de San Martiño, preto de núcleos de vivendas.

A Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, concedeulle en novembro do 2007 a citada escepcionalidade ( rexeitando os comentarios que enviamos Luita Verde, a Federación Ecoloxista Galega e a Coordinadora pola Defensa do Litoral do Morrazo en Febreiro do 2007 solicitando a desestimación da escepcionalidade) pero condicionada á lei 6/2007 de protección do litoral e só lle falla o informe favorable en escasas datas por parte da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transporte, para a súa "aprobación definitiva". Dando por sentado que a Xunta de Galicia vai concederlle por "afinidade política" a aprobación definitiva ao PXOM (en Moaña cogobernan o BNG e o PSOE, igual que na Xunta) e que está previamente pactado por tódalas forzas políticas actualmente representadas no concello ( o PXOM foi aprobado inicialmente en setembro do 2005 e provisionalmente o 21 de maio de 2007 por BNG, PSOE, InMo e PP ou sexa todos os existentes na actual corporación) e por engadido tendo en conta como están as cousas despóis das alegacións, Luita Verde vai responder ó concello solicitándolle que xustifique o por que das desestimacións segundo a lei de procedemento administrativo,  vai enviar outra carta á Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territoria, Obras Públicas e Urbanismo advertíndolle dos graves incumprimentos legais do PXOM de Moaña e do que se arriscan no caso de darlle a súa aprobación definitiva; e vai presentar denuncia na UE por graves incumprimentos de directivas en materia medioambiental e de participación cidadana.


3/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: