Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Barcelona

Edición xestionada por Xabier Paradelo
RSS de Barcelona
XOVES 6 DE MARZO, 20.00 H

"Lugares", unha reconstrución do interior

Susana Peses Wasserman presenta a súa obra na Galería Sargadelos de Barcelona.

Sargadelos Barcelona - 20:00 04/03/2008

Nacida en Bos Aires, esta muller divide o seu tempo entre a psicoloxía e a pintura. Reside en Barcelona dende 1988 onde é asesora e profesora de no I.C.E. da Universidade Autónoma de Barcelona e na UNED sobre temáticas relacionadas coa diversidade, a creatividade, a arte na infancia e a linguaxe plástica na educación.

Presenta nesta nova mostra "LUGARES", unha serie de obras en técnica mixta que en verbas da propia autora: "Nace da necesidade impulsiva, en parte, inexplicable, que me leva a recoller pedazos de mi interior para reconstruílos en diferentes historias visuais". A través de case unha ducia de obras de gran formato, a sala convértese nun gran lugar onde o visitante déixase guiar polo literario dos títulos: "Huellas convertidas en paisaje", "Superposiciones que convierten los vacíos en sentidos"...

INAUGURACIÓN: XOVES 6 DE MARZO, 20.00 H

Exposición "Lugares", de Susana Peses Wasserman

Até o 12 de abril do 2008.

Galería Sargadelos
Provença, 276
T. 932 150 368


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: