Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
ENQUISA DO XORNAL LA VOZ

O PSOE sácalle 3,5 puntos ao PP e o Bloque sobe con forza

A mostra de Sondaxe, de carácter estatal, sinala que os nacionalistas galegos pasarían dun 0,8 a un 1,1% dos sufraxios totais.

Redacción - 10:50 01/03/2008
O BNG melloraría notabelmente os resultados anteriores

O BNG melloraría notabelmente os resultados anteriores

O xornal La Voz de Galicia publica este sábado unha enquisa de carácter estatal de cara as vindeiras eleccións xerais do 9 de marzo. Segundo o estudo da empresa Sondaxe (realizado entre o 21 e o 28 de febreiro), o PSOE sería a forza máis votada cun 43,5% dos sufraxios fronte a un 40% do PP, Izquierda Unida pasaría dun 5 a un 4,6% dos votos. Pola súa parte o BNG, de cumprirse estas previsións, lograría un significativo avance ao pasar dun 0,8% dos votos totais do Estado a un 1,1%. Ademais, a enquisa sinala que os nacionalistas galegos son os únicos do Estado que experimentan unha suba: CIU pasaría dun 3,2 a un 2,7%; ERC dun 2,5 a un 1,7; e PNV de 1,6 a 1,4.

O diario El País tamén oferece este sábado unha enquisa sobre a intención de voto de cara as eleccións andaluzas. Segundo este xornal, Manuel Chaves (PSOE) repetiría maioría absoluta (57-59 deputados), a pesar de perder dous puntos en intención de voto. O PP experimenta unha suba que lle posibilitaría obter entre 41 e 42 deputados. Izquierda Unida pasaría de 6 a 8 parlamentarios e o Partido Andalucista sufriría unha forte caída e só obtería un ou dous deputados.


4,58/5 (19 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: