Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
Son varias as especies que se ven afectadas pola degradación da calidade da auga do río Deva. Entre elas a saramaganta o sapoconcho común e a auganeira

Os vertidos de augas residuais do concello da Cañiza ameazan especies en perigo de extinción.

De persistir a contaminación producida polos vertidos industrias e urbanos que a través dos colectores municipais van parar ao río Deva, especies protexida, incluídas no libro vermello de especies ameazadas, poderían desaparecer do seu hábitat. A degradación da calidade da auga, que se agrava nos meses de verán e principios do outono, cando a carga contaminante que emiten os colectores municipais sofre unha menor dilución ó baixar o río con menos caudal, pon en risco a supervivencia na zoa de especies de gran valor pola súa rareza.

ADEGA - 16:33 25/02/2008
Tags:

En ADEGA temos constancia de que entre as especies que viven no ecosistema do río Deva hai ao menos sete especies animais protexidas pola directiva hábitat. A mais de Chioglossa lusitanica (a saramaganta, especie endémica da península Ibérica que so se pode atopar en Galicia, Asturias e norte de Portugal, temos documentada a presencia de dous sapoconchos catalogados en España como (VU) a Mauremys leprosa e a Emys orbicularis, que no noroeste da península atopase en perigo, contando tan so con pequenas poboacións en enclaves illados, coma o noso. Entre as causas que sinalan os expertos para explicar o seu descenso poboaciónal está, entre as principais, a contaminación dos ríos. O Galemys pyrenaicus (desmán ou auganeira), que habita algúns treitos do río, precisa igualmente de augas moi limpas con un alto contido en oxíxeno. Este pequeno mamífero, endémico da península Ibérica , catalogado en perigo (EN) pola UICN, forma parte da dieta doutra especie protexida que ten o seu hábitat no Deva: a Lutra lutra, a londra. A ela e o desmán temos que sumar dous especies mais de mamíferos: o Rhinolophus hipposideros (morcego pequeno de ferradura) e o Rhinolophus ferrumequinum (morcego de ferradura grande), dúas especies vulnerables catalogadas de interese especial.(categoría II del R.D. 439/1990 de Especies Amenazadas).

O Deva non so alberga especies animais de gran interese dende o punto de vista da conservación e que están a ser ameazadas polos vertidos industrias e urbanos do concello da Cañiza, nas súas marxes crecen especies vexetais protexidas pola Directiva Hábitat 92/43/CE coma Isoetes boryana ou a Jasione lusitanica, ou incluídas no Catalogo Galego de Especies Ameazadas publicado o 9 de maio de 2007 no Diario Oficial de Galicia coma o Woodwardia radicans ou o Narcissus cyclamineus.

Dende o punto de vista da biodiversidade, o río Deva atesoura unha gran riqueza, que deberíamos de conservar inalterada. Por desgracia empresas e organismos públicos, como o concello da Cañiza, que verten as augas residuais sen os tratamentos que esixe a lei, poñen en perigo a supervivencia de moitas de estas especies. E por elo que dende ADEGA chamamos a responsabilidade e pedimos o cumprimento da Directiva 91/271/CEE por parte das empresas situadas nesta localidade e que están a verter a rede municipal, e ao concello da Cañiza que esixa e vixíe, como lle compete, o seu cumprimento, a mais de tratar conforme a lei as augas residuais de procedencia urbana, e que a día de hoxe non está a tratar, ben porque no coida do mantemento das EDAR en funcionamento, que rematan por inutilizarse, ben porque non se preocupan de poñer en marcha as construídas ao carón dos colectores que verten ao río sen tratamento e sen permiso, feito constituinte de sanción.

Non coidar do noso patrimonio natural, supón unha inmensa torpeza pola súa gravidade. O noso patrimonio arquitectónico, un edificio caído, por exemplo, pódese recuperar mediante a súa reconstrucción. Pero ¿Cómo recuperar unha especie extinta? E por elo que debemos de ter especial coidado en no provocar a súa extinción, debemos protexela, e non se protexe contaminando o seu entorno natural e o seu medio de vida.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: