Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Súper-estrea en exclusiva do primeiro vídeoclip da LNB

Galiza practica!

E Bud Spencer e Terence Hill tamén practican, pero non son quen de gañarlle aos mellores palanadores a palanadoras da Auténtica. Vieiros ten o privilexio de vos amosar 'A billarda'.

Redacción - 13:10 25/02/2008

A Billarda é o título do súper hit do grupo da diáspora Mafia Gallega que fixeron, dende Xenebra, para darlle ritmo á Liga Nacional de Billarda (LNB).

Pegañento como poucos, e temazo coma ningún, o "Bé, i ele, ele, a, erre, dé, a... billarda na man dálle ao palán... Galizia practica!" é case imposíbel que tirar o maxín cando o oes só unha vez. Dálle ao play e practica!



"LNB batindo récord de asistencia!"
Tamén aproveitamos para vos contar das novidades de LNB. A fin de semana que vén son os All Stars, os campionatos máis anovadores deste ano, nos que palanadores e palanadoras van ter que demostrar o que saben facer co palán na man. É un "vale tudo" billardeiro no que se enfrontan os mellores da Conferencia NorOeste contra os da Conferencia NorLeste. Gaña quen consiga facer cousas máis espectaculares coa súa billarda no aire.

A cita será o vindeiro domingo 2 de marzo na pista da Zapateira, na Coruña.


4,83/5 (23 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: