Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
FIN DE SEMANA DEPORTIVO

Os Siareir@s Galeg@s preparan o debut da irmandiña do futsal

Piden tamén a oficialidade para o futsal nacional, nunha campaña que xa comezaron e que ha seguir deica a estrea da selección, o vindeiro 29 de febreiro en Ferrol.

  • Fútbol: En Primeira: Deportivo-Espanyol (2-0). En Segunda: Xerez-Racing de Ferrol (0-2); Las Palmas-Celta (1-0). Na 2ª B a xornada comeza este domingo. Dépor B-Universidad Las Palmas (1-1); Celta B-Lanzarote (1-1); Santa Brígida-Ourense (1-1); E hai derbi! Pontevedra-Lugo (1-1).
  • Fútbol Sala: As mozas do Ponte Ourense demostraron o que valen ante o ao vencer ao Zaragoza 2002 FS (7-3).
  • Baloncesto: Na Adecco LEB Ouro: Leite Río Breogán-B. CAI Zaragoza (83-61); Palma Aqua Mágica-Beirasar Rosalía (63-57). Na Adecco LEB Prata Ourense Grupo Juanes-Qalat Cajasol (71-62). Na LEB Bronce, Gestibérica Vigo-CB Promobys Tíjola (86-45). Na liga femininia: Extrugasa-Hondarribia-Irún (68-46); CB Olesa Espanyol-Celta Vigourban (72-68).
  • Ciclismo: Gustavo César Veloso (3º no Tour de Langawaki) foi escollido polo Karpin Galicia para ser o líder do equipo profesional galego no seguinte reto ao que se enfrontan: a Volta á Comunidade Valenciana, que se disputa do 26 de febreiro ao 1 de marzo.
  • Balonmán: Algeciras-Teucro (28-31); Pilotes Posada-Antequera (26-22); un paso importantísimo dos dous equipos cara a permanencia.
  • Hóckei patíns: H.C. Coinasa Liceo-Cemex Tenerife (1-1).
  • Triatlón: Xabier Gómez Noya gaña en Sudáfrica a primeira proba da tempada. O olímpico galego está máis en forma ca nunca, e segue demostrando que está máis do que preparado para correr na casa, o vindeiro 19 de abril en Pontevedra (na primeira proba da Copa do Mundo que acolle esta cidade).
  • Taekwondo: A selección galega Júnior conquista 12 medallas no campionato estatal. Foron dous ouros, catro pratas e seis bronces. Galiza quedou subcampioa.
  • Judo: A selección galega Júnior conseguiu 21 medallas no Campionato estatal (sector Noroeste), das cales oito foron de ouro. A vindeira cita: o 7 e 8 de marzo na fase final, en Madrid.
  • Atletismo: Tamén estamos pendentes dos resultados dos atletas galegos no Campionato Estatal Absoluto en pista cuberta. Moitos xogan o pase a Beixín 2008. 14:00 horas: primeira medalla para Galiza (e non vai ser a única) para Rocío Rodríguez Longa, que conseguiu o bronce nos 1.500 metros. A outra medalla conseguiuna media hora máis tarde Álvaro Contreras, ficando primeiro no campionato de Heptathlón (o galego David Gómez quedou quinto). Reconto: 2 medallas e catro finalistas para Galiza.

Redacción - 10:00 24/02/2008

Os e as Siareir@s Galeg@s están preparalo todo para a súa nova campaña nacional, que acompañará a estrea da selección galega de fútbol sala, que será o vindeiro 29 de febreiro en Ferrol.

A campaña segue a liña da desenvolvida en decembro dentro das actividades realizadas á volta do partido da irmandiña contra Camerún, e céntrase na reclamación da oficialidade, tamén para este novo combinado.

A organización lembra ademais que o futsal é un deporte con gran tradición en Galiza, e que eles e elas todas van estar o 29 deste mes na Malata, apoiando a selección nacional.


4,43/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: