Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
XERAIS08

Quintana: “O Obama desta campaña é o BNG”

O voceiro dos nacionalistas sufriu un accidente de coche, no que non houbo feridos, cando se dirixía a un acto en Foz.

Redacción/EP - 15:05 23/02/2008
Tags: xerais08

Anxo Quintana comparou este sábado ao BNG con Obama, un dos aspirantes demócratas á presidencia dos EUA. Nun mitin en Foz, o líder dos nacionalistas, sinalou que, como no caso de Obama, o BNG vai rachar o guión bipartidista co que se presentan as eleccións xerais do 9 de marzo. Diante de preto de 400 persoas que enchían a Sala Bahía de Foz, Quintana quixo facer seu o lema “yes, we can” do demócrata estadounidense: “Podemos facelo, podemos lograr unha Galiza de todos que non se humille”.

Antes do acto, Quintana sufriu un pequeno accidente nun vehículo alugado no que viaxaba. No suceso non houbo que lamentar danos persoais. Aínda así, estaba previsto que o voceiro do Bloque se achegase pola tarde a un centro médico para facer unha revisión


3,69/5 (16 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: