Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
Xerais08

Touriño dille a Feijoo e Rajoy que "o mérito non é ser galego, senón exercer de galego"

Mariano Rajoy "é como a dereita de Lugo: caciquil, atrasada e inmobilista", dixo o líder dos socialistas en Burela.

Redacción - 09:30 23/02/2008
Tags:

"Rajoy non fai boa parella con Merkel e Sarkozy senón con Caharro", ironizou o secretario xeral do PsdeG. Emilio Pérez Touriño aproveitou a visita a Burela para falar da vila, coñecida pola importante presenza de caboverdianos, coma un "exemplo modélico do avance social e político, un modelo de espacio de convivencia, un modelo de respecto á diversidade e integración dos inmigrantes". Contrapuxo Touriño a experiencia práctica burelá coas criticadas propostas do PP en materia de inmigración.

Ao fío, afirmou Pérez Touriño que Burela "é exemplo do que está a pasar en Galiza, que vive un cambio histórico nas comunicacións, nas infraestruturas, no medio ambiente e servizos públicos". O líder dos socialistas galegos insistiu en que esa avaliación é froito de que "os gobernos de Galiza e de España reman xuntos na mesma dirección".

De paso, convidou o líder do PP a achegarse á vila luguesa para "entender como no pobo no que máis nenos falan galego non hai problemas de convivencia, un pobo con até 44 nacionalidades diversas". Engadiu ademais, ao respecto da chamada do PpdeG na apertura de campaña a poñer un galego na Moncloa que "ser galego non é meritorio para presidir o goberno español", indicando que no caso de Mariano Rajoy ser galego " é unha simple anécdota, un accidente, unha circunstancia". "O mérito non é ser galego, senón exercer de galego e defender a galeguidade", subliñou Touriño.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: