Os talibáns endurecen as súas accións e toman como alvo a rexión sur do país, de onde son orixinarios e que aínda controlan.
Cando menos oitenta pessoas morreron hoxe nun atentado suicida perpetrado durante un espectáculo de loita entre cans en Kandahar, ao sur do Afganistán, segundo vén de anunciar o governador da provincia, Asadullah Khalid, en conferencia de prensa. Kandahar é unha zona de maioría pastún, dominada polos talibáns, e na que dende hai anos rexístranse crecentes enfrontamentos entre as tropas dos Estados Unidos e os insurxentes.
O pasado ano, o máis violentos dende que o exército norteamericano entrou no país en 2001, morreron unhas 6.300 persoas pola violencia rexistrada. Os talibáns adoitan iniciar as súas ofensivas na primavera, pola dureza dos invernos.