Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
SORPRENDENTE INICIATIVA

O subdelegado do goberno español impugna o regulamento lingüístico de Cedeira

O tenente de alcalde, Alfredo del Río (BNG), recoméndalle ao representante estatal que se preocupe dos concellos que vulneran a Lei de Normalización.

Redacción - 13:30 15/02/2008
Tags:

A Xosé Manuel Pose, subdelegado do goberno español na Coruña, non lle gustou demasiado o regulamento que aprobou o Concello de Cedeira para normalizar o uso da lingua galega no consistorio. O representante do executivo estatal non lle tremeu o pulso á hora de presentar alegacións contra a normativa ao estimar que se deixa de lado o castelán. Como exemplo sinala que o regulamento proclama que "o galego como lingua propia de Galiza é o idioma oficial do Concello" e non se inclúe no texto o castelán como lingua cooficial no consistorio.

A impugnación do acordo plenario causou sorpresa no goberno local. O tenente de alcalde de Cedeira, Alfredo del Río (BNG), cre que a actitude do subdelegado é unha agresión contra a lingua. O edil nacionalista di que non comprende como non ten tanta ansia para turrarlle das orellas aos múltiples concellos que vulneran a Lei de Normalización Lingüística.

O regulamento de uso do galego foi aprobado cos votos a favor dos catro concelleiros do PSdeG, dos dous do BNG e un de Terra Galega; o PPdeG optou por votar en contra. Alfredo del Río xa anunciou que o Bloque non vai aceptar as alegacións da Subdelegación xa que a norma estabelece unha “discriminación positiva para o galego que é moi necesaria e que respecta as lesi de normalización”.


4,62/5 (21 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: