A fermosa vila portuguesa abre no día dos namorados a feira internacional dedicada a este produto.
Do 14 ao 24 de febreiro Óbidos convértese na capital mundial do chocolate, coa celebración da sexta edición da Feira Internacional dedicada a este produto. Este ano quíxose vencellar o chocolate co amor, facendo coincidir o inicio da celebración co Día dos Namorados. O romántico escenario de Óbidos ten unha gran tradición chocolateira e son moi aprezados igualmente os seus licores feitos a partir de cacao.
O festival inclúe concursos, unha pasarela de modelos con chocolate, e unha mostra de esculturas fabricadas con este material, coa temática común dos océanos. Ademais, haberá una Casa de Chocolate das Crianças, onde só se lles permite a entrada aos rapaces, que mesmo poderán comer as doces paredes da construción. Finalmente, algúns restaurantes locais ofrecen durante os dez días que dura a feira menús especiais compostos con cacao.