Concello e comerciantes do centro da cidade recuperan a vella tradición, perdida nos últimos anos,
Regresa unha das máis populares celebracións das festas de toda a vida na cidade das Burgas, mais mesturada coas festas novas, máis ligadas ao concumo e ao comercio. O 14 de febreiro, día de San Valentín, día dos namorados, un rei e unha raíña de máis de dous metros percorrerán as rúas do centro de Ourense durante case toda a xornada, entre as once e media da mañá e as oito da tarde. Estarán acompañados de paxes que repartirán caramelos en forma de corazón, para que ninguén esqueza a moderna celebración.
Os responsábeis da recuperación da tradición dos xigantes e cabezudos son o Concello de Ourense e os comerciante do centro da cidade, agrupados no Centro Comercial Aberto. As figuras volverán saír ás rúas noutras celebracións, como o 19 de marzo, día do pai; son catro xigantes e doce cabezudos que se atopan "perfectamente restaurados" nos almacéns do Concello, pero que até agora permaneceran sen utilizar, como explica a concelleira de Cultura, Isabel Pérez.