Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
Proxecto educativo e tecnolóxico

ADEGA participa no I Encontro Estatal de Compostaxe

 Do 6 ao 9 de febreiro ten lugar en Barcelona o I Encontro Estatal de Compostaxe. ADEGA leva aló a súa experiencia de anos na promoción da compostaxe como opción prioritaria para o tratamento da fracción orgánica dos RSUs. O traballo de ADEGA neste eido plasmouse no deseño dun proxecto de compostaxe caseira que comezou no 2002, baseado na separación en orixe e compostaxe da fracción orgánica. Até hoxe desenvolvéronse 16 programas de compostaxe caseira que abranguen mil vivendas en 10 concellos galegos, coa colaboración de asociacións veciñais, universidades (USC e UDC), SOGAMA e a Consellería de Medio Ambiente. Baixa o POSTER (691.98 KB)

ADEGA - 16:33 08/02/2008
Tags:

O programa baséase nun sistema tecnolóxico e educativo de baixo custo, que pretende retomar solucións propias da cultura popular galega, á vez que se presenta como exportábel a calquera outro territorio. Conta, xa que logo, con dúas lineas de actuación: a tecnolóxica e a educativa.


O proxecto educativo consiste na explicación acesíbel aos usuarios/as tanto do proceso de compostaxe como da xestión dos residuos en xeral. Para isto, faise un seguimento dos composteiros, programándose tres visitas ao longo de sete meses. Na última visita faise unha avaliación do resultado do programa (parte técnica) e do propio proceso educativo.

O proxecto tecnolóxico consiste na instalación dun compostador, como novidade fronte á esterqueira tradicional. A avaliación técnica inclúe a inspección visual para determinar aspectos como a estrutura e o tipo de residuos depositados no compostador, coa determinación de humidade e temperatura. Outras determinacións coma as análises dos metais pesados, e outros permiten avaliar outros aspectos e resolver as posibles dúbidas sobre o balanzo ambiental.

Na comunicación presentaremos a experiencia adquirida neste período, así como os resultados de análises, conclusións e recomendacións no marco deste proxecto.


5/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: