Unha web fai os cálculos baseados nos datos do INE, mais limitados aos produtos de consumo "básico".
Gráfica da evolución do "IPC real" interanual durante 2007
Unha web está a elaborar un índice de prezos ao consumo alternativo ao IPC oficial. Segundo estes datos alternativos, os prezos subiron a nivel estatal moito máis do que determinou o INE. Concretamente, a inflación interanual para o mes de decembro foi do 7,62%, mentres que a referida só ao pan, o leite e o polo foi do 18,55%.
Para elaborar este "IPC real", tivéronse en conta os datos oficiais do INE, pero só os prezos dos produtos de primeira necesidade e de uso entre os consumidores coas rendas máis baixas: alimentación, gas, auga, electricidade e combustíbel, e desbotáronse outros dos case 500 produtos incluídos na cesta da compra, como as xoias, as flores, a cirurxía estética, o servizo doméstico ou a roupa. Tampouco incluíron o prezo do alugueiro, que xa non figura no IPC oficial. Mantivéronse, porén, as ponderacións do instituto oficial, aplicadas de xeito proporcional.