Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Teima contra o plurilingüismo

Ofertar galego ou catalán nas EOI é "a última prioridade" de Arenas

De "barbaridade" cualifica o presidente do PP andaluz o argumento de que dominar linguas alén do castelán e o inglés, aumenta as capacidades laborais dun traballador.

Redacción - 09:00 07/02/2008

Teimou unha vez máis o candidato do PP andaluz a presidir a Junta en que a inclusión de galego, catalán e éuscaro nas Escolas Oficiais de Idiomas de Andalucía é "facerlle o xogo ao nacionalismo". Na opinión de Javier Arenas, "que se diga que sen linguas autonómicas non hai oportunidades laborais é unha coartada que o PP non pode aceptar". "Dicir que catalán, galego e éuscaro dan máis oportunidades laborais en España supón recoñecer que co castelán non temos as mesmas oportunidades", afirmou Arenas.

"Estudar galego, catalán e éuscaro en Andalucía é a última das prioridades, pois a educación en Andalucía necesita antes dotarse de novas tecnoloxías, que haxa bilingüismo español-francés e español-inglés, que estean os profesores ben retribuídos en Andalucía, que as ratios medias nas aulas sexan comparábeis ás do resto de España e que se acabe coa violencia escolar", argumentou Arenas insistindo no rexeitamento á proposta de ofertargalego, catalán e éuscaro nas EOI.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: