O máximo responsábel do BNG criticou á xerarquía católica polas súas directrices aos votantes.
O vicepresidente galego, Anxo Quintana, aproveitou este venres para responderlle á Igrexa católica. O líder nacionalista dixo que a sociedade "é madura e intelixente, e non precisa salvadores que veñan a indicar o camiño eterno".
Durante unha visita á cidade de Vigo subliñou que os bispos se están a equivocar e sinalou que “o Estado Español é plural no territorial e no ideolóxico”.
Quintana recomendoulle á xerarquía eclesiástica que se preocupe máis por cuestións como a xeración de emprego ou a necesidade de que “Galiza xogue o papel que lle corresponde no Estado”.
Anterior:'Pola laicidade do Estado'