Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
A POLÍTICA NOS TRIBUNAIS

Denuncian o alcalde de Vigo por presunta prevaricación urbanística

A Asociación Profesional de Peritos Inmobiliarios tamén leva ao xulgado á concelleira de Urbanismo.

Redacción - 18:15 31/01/2008

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, está a piques de bater marcas en canto a demandas xudiciais. Logo de que o Movemento polos Dereitos Civís denunciase na fiscalía ao rexedor por non permitir o acceso dos veciños a un pleno do PXOM, agora é a Asociación Profesional de Peritos Inmobiliarios de Galicia (APPIG) a que leva a Caballero ao xulgado. O colectivo, que tamén denunciou á responsábel de Urbanismo, Carmela Silva, considera que se cometeu un delito de prevaricación no proceso de tramitación do plan urbanístico.

O presidente da asociación de peritos, Carlos González Armada, considera que os dous cargos políticos “agocharon” informes técnicos nos que se determinaba a necesidade de que o PXOM fose exposto publicamente outra vez, logo dos cambios introducidos para cumprir a orde da Xunta e para incrementar a reserva de chan para vivenda protexida. Abel Caballero non quixo comentar esta denuncia diante dos medios de comunicación.


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: