Vieiros

Vieiros de meu Perfil


FSM

Xestionado por Vieiros
RSS de FSM
Datos de Save the Children e a OSCE

A explotación infantil move 23,5 millóns de euros ao ano

Ademais, 1,2 millóns de nenos en todo o mundo son vítimas da trata de seres humanos, 20.000 destes no Estado Español.

Redacción - 12:01 29/01/2008
No Estado Español cálculase que 20.000 nenos son vítimas deste negocio criminal

No Estado Español cálculase que 20.000 nenos son vítimas deste negocio criminal

Cada ano 1,2 millóns de nenos en todo o mundo son vítimas da trata de seres humanos, segundo datos da Organización para a Seguridade e a Cooperación en Europa (OSCE), un negocio criminal -o terceiro do mundo despois do tráfico de drogas e o de armas- que move anualmente uns 40 billóns de dólares (uns 27.000 millóns de euros). Cando se trata só de menores de idade a cantidade ascende a 23,5 millóns de euros anuais.

"Os nenos son máis fáciles de recrutar, convencer e trasladar que os adultos, e xa que logo, fronte a uns custos moi baixos, xeran un beneficio económico tremendo. Son cantidades impresionantes", dixo a representante especial e coordinadora da OSCE, Eva Biaudet.

"Un neno que pide esmola en Viena ou en Madrid pode sacar cen euros ao día, namentres que as nenas obrigadas a se prostituíren xeran unhas ganancias de entre 1.000 e 3.000 euros semanais. Se temos en conta que un proxeneta paga aproximadamente uns 3.000 euros por cada nena, nunha semana amortizaría a compra e a partir de aí só terá beneficios".

No Estado, 20.000 menores vítimas da explotación
En declaracións aos xornalistas antes de participar no congreso sobre a trata de nenos organizado por Save The Children, a responsábel da coordinadora, Liliana Orjuela, explicou ademais que a explotación infantil non se limita aos países do terceiro mundo, senón que Europa tamén é unha rexión de orixe, especialmente os países mais pobres como Romanía ou as ex repúblicas soviéticas, onde hai moitos menores "en situación de risco".

Só no Estado Español hai uns 20.000 menores, identificados pola Policía, obrigados a se prostituíren, pediren esmola ou delinquiren, ou que foron vítimas de redes de delincuencia internacionais que os utilizaron para a explotación laboral, adopcións ilegais ou mesmo tráfico de órganos.

Asemade, segundo datos de Save The Children e da Rede Española contra a Trata de Persoas, no Estado, onde "hai unha grande demanda", entre 40.000 e 50.000 mulleres e nenas son vítimas da trata de seres humanos, procedentes de Marrocos, África subsahariana, países do Leste, Brasil e Centroamérica.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: