Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
15 DE FEBREIRO, SALA A!

Nada Surf inclúen Vigo na súa xira europea

A banda norteamericana presenta o seu novo álbum, 'Lucky', que non está á venda en tendas, e que regalarán nos seus concertos.

Redacción - 10:25 22/01/2008

Vigo acollerá un dos tres concertos que Nada Surf ofrecerán na Península, xunto a Madrid e Bilbao. Será na Sala A! o 15 de febreiro, con entradas a 18 euros.

A banda formada por Matthew Caws, Daniel Lorca e Ira Elliot presenta Lucky, un disco menos guitarreiro que os seus traballos anteriores, con máis teclados e medios tempos, un proceso iniciado en The Weight Is a Gift e que os afasta dos seus inicios (por exemplo o High/Low, publicado en 1996 e que constituíu o seu primeiro éxito). En Lucky, que estará dispoñíbel a partir do 8 de febreiro, colaboran nomes tan importantes como Ben Gibbard (Death Cab for a Cutie, Postal Service...), e chama a atención que en España non se venderá en tendas, senón que se repartirá gratuitamente aos asistentes aos seus tres concertos.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: