Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
SAVEXP.COM

Recollen sinaturas para que Microsoft siga comercializando Windows XP

Unha web considera que a compañía estadounidense non debe abandonar "o mellor sistema operativo que fixo".

Redacción - 11:45 27/01/2008

A última actualización do sistema operativo de Microsoft, o Windows Vista, non acaba de callar. Moitos usuarios que mercan ordenadores co Vista piden que se lles instale o seu inmediato predecesor, o Windows XP. Aínda así, a empresa informática pretende retirar do mercado o XP o vindeiro mes de xuño.

Para impedilo, xurdiu unha web na defensa da versión lanzada por Microsoft en 2001. SaveXP.com está a recoller sinaturas de apoio á campaña. Ademais, convocou un concurso de vídeos que terá como premio para os tres mellores unha licenza de actualización do Windows XP.

Os que rexeitan o Windows Vista citan como principais motivos o feito de que consume moitos máis recursos para poder funcionar, o que require a compra de ordenadores novos. Dende SaveXP.com cren que Microsoft debe pensar seriamente se quere abandonar o mellor sistema operativo que fixo.


1/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: