Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
A COMPANHIA DE TEATRO DE BRAGA, EN GALIZA

Desaparecen as fronteiras entre o teatro galego e o portugués

En setembro estreará en Compostela con actores galegos a peza de Gil Vicente 'Auto da Barca do Inferno'.

Redacción - 14:30 21/01/2008

O Miño nunca foi fronteira para a cultura galega. As iniciativas conxuntas co campo das artes entre os autores e creadores galegos e portugueses son numerosas e ricas, e moito máis no teatro. A fronteira non é máis ca unha representación. A Companhia de Teatro de Braga (CTB) estreará en setembro en Compostela o Auto da Barca do Inferno, unha peza de Gil Vicente, e farao en galego, con actores galegos, e co apoio da Consellaría de Cultura. A obra será ademais coproducida pola compañía galega Contrabutaca. A dirección será responsabilidade de Rui Madeira, a escenografia de Sílvia Alves, o deseño de luz de Fred Rompante e o deseño de son de Pedro Pinto.

O director da CTB, Rui Madeira, estivo hai uns días en Santiago facendo o casting para a obra. Madeira lamentou que no norte de Portugal non exista unha institución de autogoberno coma a Xunta, de xeito que "tense que falar con Lisboa, que despois, ou non decide ou envia a decisión para outros niveis que non teñen poder e medios para o facer".

Outros proxectos conxuntos
Nestes momentos está en escena no Theatro Circo de Braga a obra O Profissional de Dusan Kovacevic, dirixida por Manuel Guede, que xa dirixira, para a CTB a representación de Algumas Polaróides Explícitas de Mark Ravenhill. Ademais, a CTB, que no pasado xa realizara algunha coprodución, comezando por Espectros, de Ibsen, dirixida por Rui Madeira e coa participación de actores galegos.

Ademais, actores portugueses, galegos e africanos participaron na produción Cantiga para Já, sobre Zeca Afonso, con texto de Jean Pierre Sarrazac, realizada para Coimbra Capital da Cultura. Así mesmo, tamén se coproduciu a obra Mar Revolto, de Roberto Vidal Bolaño.


4,38/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: