Máis de 8,4 millóns de electores designarán os seus representantes na Asemblea Nacional do Poder Popular e os lexisladores provinciais.
Os 'pioneros' custodian as urnas
Máis de 8,4 millóns de cubanos, case o 70% da poboación, están convocados ás urnas este domingo para elixiren os seus representantes na Asemblea Nacional do Poder Popular e os seus lexisladores provinciais. Este é o paso previo á designación do presidente e demais membros do Consello de Estado. Coas eleccións deste domingo quedará renovado o parlamento cubano.
Nun prazo de 45 días, os novos deputados elixirán os 31 membros do Consello de Estado, composto polo presidente, primeiro vicepresidente, os vicepresidentes restantes, o secretario e demais membros, que serán designados mediante voto secreto logo de obter máis do 50% dos sufraxios emitidos. Unha vez designado este Consello desvelarase a incógnita de se Fidel Castro vai ser reelixido ou substituído.
Poden ampliar a información no especial informativo do diario Granma, na canle de TV Cubainformación, no xornal Trabajadores e na axencia de noticias Prensa Latina.