Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A primeira que se constitúe en toda Europa

Galiza-Norte Portugal, unha realidade agora tamén xurídica

Un decreto estatal que vai aprobar o Consello de Ministros permitirá que a eurorrexión teña personalidade legal de seu.

Redacción - 19:45 17/01/2008
Pérez Touriño, esta quinta

Pérez Touriño, esta quinta

O presidente do Goberno, Emilio Pérez Touriño, anunciou esta quinta feira que o Consello de Ministros deste venres vai aprobar un decreto que posibilitará a creación da Agrupación de Cooperación Territorial entre Galiza e o Norte de Portugal, o que na práctica lle permitirá "dotar de personalidade xurídica a eurorrexión".

Na conferencia de prensa posterior ao Consello da Xunta, Touriño explicou que Portugal aprobou recentemente un decreto similar, e amosouse convencido de que "con carácter inmediato" se creará a Agrupación, a primeira que se constitúe en toda Europa.

"Vai ser a dotación xurídica da vida da eurorrexión", destacou o xefe do Executivo, que tamén explicou que esta figura institucional vai permitir reforzar a xestión conxunta dos fondos europeos, así como a busca de fontes de financiamento distintas, funcionando "coma unha auténtica axencia".


4.53/5 (15 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: