Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
EN CEDEIRA

As meigas xa teñen casa

En xuño inaugurarase en Cedeira o primeiro museo existente no país sobre as meigas.

Redacción - 13:05 17/01/2008

Habelas, hainas, e en Cedeira até terán casa. O Castelo da Concepción, un antigo fortín situado á beira do mar, acollerá a partir do 23 de xuño o primeiro museo de meigas de Galiza. Chamarase Casa das Meigas, e a súa inauguración coincidirá coa reapertura do castelo, aínda en proceso de rehabilitación. O museo acollerá pezas e explicacións sobre maxia, exorcismos, ocultismo e meigas, pero sobre todo servirá para amosar a cultura popular, as súas tradicións máis antigas, a chamada Galicia máxica, esa Galicia que por baixo do cristianismo oficial seguiu mantendo unha relación directa e moi intensa coa terra e co máis alá.

O proxecto conta xa coa colaboración da Facultade de Historia da USC e dos responsábeis dos fondos bibliográficos da Catedral de Santiago, e terá igualmente o apoio da Consellaría de Cultura. Pero son dúbida o máis interesante da mostra serán os obxectos relacionados coa maxia e o ocultismo cedidos polos veciños do propio concello de Cedeira. En especial polos da parroquia de Santalla, segundo Germán Tobío (concelleiro de Cultura de Cedeira), unha das zonas do país con máis actividades ligadas ao exorcismo.

O museo e o castelo poderían estar abertos o día 23 de xuño


4.89/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Fortín da Concepción (foto de Lunita en Flickr)
Fortín da Concepción (foto de Lunita en Flickr)
Exemplo de relixiosidade popular en Cedeira (Foto de Xoán Porto en Flickr)
Exemplo de relixiosidade popular en Cedeira (Foto de Xoán Porto en Flickr)