O pasado domingo desenvolveuse a IV Regata Miño Internacional de remo olímpico que xuntou 12 equipos, de entre os que destacaron os oito remeiros vigueses.
O domingo pasado desenvolveuse a IV Regata Miño Internacional-Copa Presidente da Deputación de Remo Olímpico en oito con timonel.
Organizada polo Clube de Remo Miño de Tui, a proba estivo a piques de se suspender por causa do mal tempo, pero ao final o temporal amainou un chisco, e ao medio día comezou a regata.
Os remeiros do Náutico de Vigo gañaron con moita vantaxe sobre os outro 11 equipos. A segunda praza foi para o Miño de Tui, que chegou a sete segundos dos vigueses. O clube Galitos de Aveiro ficou en terceira posición.
Na proba das mulleres de catro-scull gañou o clube Infante D. Henrique de Porto, seguido a poucos segundos do mixto Miño-Perillo-Labradores; despois de San Felipe, do Ría de Marín e das asturianas do clube Remeros del Eo.
Na masculina de catro-scull o vencedor foi o Vilanova de Cerveira, en segunda posición o Remo Miño (a tres segundos), seguido do Fluvial Portuense, o Ría de Marín, o Perillo, o Cerveira, o Miño-B e o Infante.