Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
O pívot chantadino segue con arelas de xogar na NBA

"O enigma de Fran Vázquez"

Esta segunda feira unha revista norteamericana publicaba unhas declaracións do xogador galego na que el mesmo aseguraba ter frecuentes contactos cos Orlando Magic.

Redacción - 13:20 15/01/2008
Vázquez coa camisola da selección española

Vázquez coa camisola da selección española

En declaracións feitas á revista norteamericana de baloncesto, a ESPN, Fran Vázquez aseguraba que as comunicacións dunha e doutra beira do Atlántico prodúcense semanalmente, e que sempre se mantivo en contacto co equipo que o seleccionou no draft (proba na que os equipos norteamericanos de baloncesto seleccionan a xogadores mozos para incorporalos ao seu cadro), os Orlando Magic.

Segundo esta revista, o actual xogador do Barcelona está facendo méritos e "loitando por minutos de xogo" para xogar na "potencia europea" (o Barça), e as posibilidades de que faga unha viaxe cara os EUA "son cada vez máis remotas". Naquela altura, cando foi seleccionado polos Magic, parecía que a incorporación de Vázquez ía ser inmediata, mais daquela o galego asinou un contrato co CB Girona, e os norteamericanos despedíronse del.

Un enigma para os norteamericanos
Ao parecer Vázquez "é un verdadeiro enigma" para os norteamericanos, posto que, segundo o xogador do Magic, JJ Redick, ben pode facer "un partido impecábel" como "xogar cinco minutos e non anotar nin un punto". "Non creo que sexa un xogador intelixente", terminou Redick, quen foi elixido no posto 11º do draft polos Orlando Magic en 2006.

"Teño unha relación regular con Orlando"
Con estas palabras Fran Vázquez aseguráballe á revista ESPN que segue a manter contactos co equipo norteamericano, e que "só é cuestión de ver como se desenvolve o meu contrato co Barça" e se o fai "en condicións de saír de aquí" e cruzar o océano.

Vázquez tamén confesaba que xogar na liga norteamericana segue a ser a súa ambición: "gústame o xeito no que xogan os Magic, o sistema e o estilo que desenvolven". Mais o deportista galego tamén salientaba que aínda fican cousas por mellorar no seu estilo de xogo para avanzar: "preciso mellorar no meu xogo interior e no traballo de ximnasio".

De todos os xeitos o pívot chantadino tamén salienta que ser escollido polos Magic deulle azos, mais que xogar estes tres anos en Europa axudoulle a desenvolver as súas "habilidades como xogador dun equipo". O galego tamén dixo estar a recibir fitas dos partidos dos Magic gravados, o que lle axuda a meterse no xogo norteamericano.

O artigo, escrito por Ian Whittell, termina cunha frase que fala da posibilidade de que as cousas muden, e que Vázquez poida pasar a facer parte do equipo norteamericano.


3,67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: