Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
XXXIII Edición

Xa hai cartaz anunciador da Festa do Queixo

O gañador resultou ser Miguel Anxo Riveiro cun orixinal deseño valorado pola limpeza dos seus elementos.

Redacción - 18:44 14/01/2008

Son xa 33 os anos que se leva celebrando a Festa do Queixo de Arzúa, e aínda que queda algo máis dun mes para que poidamos gozar con esta celebración, os organizadores xa están a preparar todo o necesario para esta festa de interese turístico galego.

O primeiro paso é a selección dos cartaces anunciadores. Tras dun concurso valorado por un xurado que contou coa presenza de representantes de Concello de Arzúa, da Asociación Festa do Queixo, da Facultade de Belas Artes, do Colexio Público e dun Técnico en Publicidade e Relacións Públicas, o veredicto foi que a obra de Arzúa... como é natural, feita polo deseñador gráfico de Zas, Miguel Anxo Riveiro Castro, fose premiada cos 600 euros e se convertese no símbolo de identidade desta edición da festa.

O xurado valorou a orixinalidade da ilustración (o núcleo da margarita que ocupa o centro da imaxe é un queixo) a limpeza dos elementos por separado e no seu conxunto, a sintetización no emprego da cores (principalmente verdes, brancos e amarelos), así como a correspondencia da imaxe, na que se amosa o fondo dun verde prado arzuá coa época na que se celebra o evento (1ª semana de marzo) e que os campos comezan a coller ese ton verde característico desas datas.

O espantaqueixos
O segundo premio recaeu no tamén deseñador Francico Otero, mentres que o terceiro foi para Noelia Rodríguez. O cuarto premio, valorado co agasallo especial “festa do queixo” e resultado das votacións do público, recaeu na obra O espantaqueixos, de Pedro Martínez Castro, estudante de 3º ESO.

Poderemos ver estes carteis e máis o resto dos traballos presentados a concurso durante os días 1 e 2 de marzo, coincidindo coa celebración da festa.


4,5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Cartaz gañador
Cartaz gañador