Berrogüetto gravou con Guadi Galego os seus tres últimos álbumes: 
Viaxe por Urticaria (1999), 
Hepta (2001) e 
10.0 (2006) e agora inicia unha nova etapa con voz masculina. 
Xabier Díaz foi membro fundador do grupo 
Rumbadeira, co que editou tres traballos. Ademais, colaborou en discos de Carmen Rey (
Fuera), Route (
Nin canto nin tan pouco) e Berrogüetto (
Hepta). Así mesmo, publicou 
Músicas do salitre na compaña de Guillermo Fernández.
Pola súa banda, Guadi Galego mantén neste momento dous proxectos: 
Nordestin@s con Ugia Pedreira e Abe Rábade e 
Espido xunto a Guillermo Díaz.