Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
VENRES, SÁBADO E DOMINGO EN VIGO

Indymedia Galiza organiza unhas xornadas de contrainformación

Haberá palestras, debates, cursos de edición, unha xuntanza da equipa editorial, así coma un encontro aberto para incitar á participación na rede.

Redacción - 13:25 11/01/2008

As actividades de Galiza Indymedia desenvolveranse dende o venres ás sete da tarde até a noite do domingo, en dous centros sociais de Vigo: A Revolta (Rúa Real, 32) e Cova dos Ratos (Romil, 3). O obxectivo é espallar os coñecementos de creación de contidos informativos alternativos. A participación está aberta a todos, convídandose a "todas as indyxenas, cibors, geeks, freaks e persoas do ciberspazo e bisbarra".

Programa
Venres 11, 19:00 na Revolta
Palestra, obradoiro: Internet para colectivos a cargo de Trebelab.

Sábado 12
Gimp/Inkscape/scribus, achegamento ao deseño gráfico, ás 12:00 no CSA Cova dos Ratos.
Xantar popular interactivo na Cova dos Ratos
Sesión de video sobremesa/sesta: Audiovisuais queer 16:00 na Cova dos Ratos.
Cinelerra, edición de video a cargo de Olholibre, ás 18:00 na Revolta
Xuntanza de Olholibre, ás 21:00 na Revolta

Domingo 13 no CSA Cova dos Ratos
Encontro haclab difuso galego, ás 13:00
Xantar popular interactivo
Sesión de video sobremesa/sesta: Á caza de hackers (documental) 16:00
Encontro aberto Galiza Indymedia ¿interesada en participar? ¡acudide!, ás 17:00
Xuntanza da equipa editorial, ás 18:00


4,8/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: