Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Un total de 16 roteiros

"Por terras de..." lévanos a coñecer Galiza

A Asociación de Escritores en Lingua Galega conta coa participación de recoñecidos escritores para espallar o coñecemento do noso país.

Redacción - 14:19 11/01/2008

Un total de 16 roteiros está a preparar a Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) en colaboración coa Dirección Xeral de Turismo, para facilitar o coñecemento de todos os recunchos de Galiza. Baixo o título Por terras de... quedan recollidos os textos de recoñecidos escritores da nosa literatura, que colaboran neste proxecto aportando a parte textual.

Os 16 roteiros, que pretenden "espallar o coñecemento global do noso país", ten un carácter divulgativo e con vocación literaria, e rexistra os datos máis destacábeis de comarcas como a Terra Chá, a Terra de Bergantiños, Terras de Monforte, ou Terra do Caurel, entre outras.

Ademais destes libros, celebraranse tamén conferencias de escritores de prestixio internacional nas comarcas sobre as que versan os roteiros, e que buscan o obxectivo de dar pulo e fomentar o desenvolvemento do noso patrimonio turístico-cultural xeral e das comarcas, para potencias a cultura galega alén das nosas fronteiras. Un total de 17 trípticos divulgativos completan o proxecto aportando datos significativos da historia, literatura e lingua galega, para a súa distribución.

Camiñando por terras de...
Os dezaseis roteiros e os seus correspondentes autores son os seguintes:

O Ribeiro: Miguel Anxo Fernández
Baixo Miño: Marta Dacosta
Terra de Rosalia: Anxo Angueira
Terra Chá: Darío Xohán Cabana
Compostela: Marilar Aleixandre
A Coruña: Henrique Rabuñal
Ourense: Bieito Iglesias
Lugo: Isidro Novo
Vigo: Manuel Forcadela
A Terra do Medio: Xosé Vázquez Pintor
Eume: Eva Veiga
Ferrol: Ramón Loureiro
Fisterra-Costa da Morte: Modesto Fraga
Cambados: Ramón Caride
O corazón de Galiza: Xulio López Valcárcel.


3,75/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Marta Dacosta foi a encargada do roteiro do Baixo Miño
Marta Dacosta foi a encargada do roteiro do Baixo Miño
Un dos roteiros está dedicado á Terra do Caurel. Flickr: anabelnikolai
Un dos roteiros está dedicado á Terra do Caurel. Flickr: anabelnikolai