Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
NO POSTO 13

Un coruñés, entre os blogueiros máis influíntes do mundo

Wicho é un dos autores de Microsiervos, considerada a 13ª bitácora con máis influencia, segundo Wikio.

Redacción - 12:16 09/01/2008
Logotipo de Microsiervos

Logotipo de Microsiervos

O buscador especializado en blogs Wikio acaba de publicar a súa listaxe dos 20 blogs máis influíntes do mundo. Entre eles está unha bitácora con participación galega, Microsiervos, que ocupa o posto 13. A clasificación está dominada, claramente, por webs estadounidenses, pois só figuran tres blogs europeos.

Se limitamos a clasificación ás 20 bitácoras máis influíntes do continente, Microsiervos sitúase no segundo lugar, xusto por detrás da francesa TechCrunch. Por debaixo atópanse outros catro blogs do Estado Español: Mangas Verdes (6º), Genbeta (7º), Loogic.com (19º) e Error500 (20º).

Microsiervos defínese como un blog persoal máis ou menos 'geek', dedicado a temas como a ciencia, a tecnoloxía, a internet e os trebellos. Un dos seus catro autores, Javier Pedreira, "Wicho", é coruñés.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: