Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
Non vai haber consulta popular

José Sócrates: "O compromiso de facer un referendo era co antigo Tratado"

O primeiro ministro de Portugal anuncia oficialmente esta cuarta feira que o país vai ratificar o Tratado Europeo por vía parlamentaria.

Redacción - 11:55 09/01/2008
Sócrates dixo que non se incumpre ningunha promesa electoral

Sócrates dixo que non se incumpre ningunha promesa electoral

Finalmente Portugal ratificará o Tratado Europeo por vía parlamentaria e non mediante consulta popular. O primeiro ministro, o socialista José Sócrates, que participa esta cuarta feira no novo modelo de debate parlamentar quincenal vai facer oficialmente o anuncio ante a Assembleia da República.

Sócrates garantiu este martes que o seu partido non incumpre a promesa electoral de realizar un referendo porque só se comprometeu co Tratado Constitucional (o fracasado Tratado Europeo) e que as "circunstâncias alteraram-se completamente".

"O PS tinha um compromisso com o Tratado Constitucional. Agora é o Tratado de Lisboa, que não existia na altura. Não tem nada a ver uma coisa com a outra. É um tratado diferente", argumentou José Sócrates ao final da Comissão Política Nacional do PS, o martes á noite en Lisboa, onde se votou a decisión (sete a favor e unha abstención). A prol dun referendo manifestouse, entre outros, o líder da Juventude Socialista (JS), Pedro Nuno Santos.

Portugal é o último país dos 27 en revelar como vai ratificar o Tratado; o resto das posicións xa son coñecidas: todos por vía parlamentaria agás Irlanda, por imperativo constitucional. Todos os partidos da oposición en Portugal, a excepción do Partido Social Demócrata (PSD, centro-dereita), querían que o Tratado fose ratificado mediante referendo.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: