Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Voz galega desde Chiapas (9)

Nomes de soños

Iván Prado, de Pallasos en Rebeldía, escribe desde Chiapas.

Iván Prado - 09:50 07/01/2008
Tags: Chiapas

Esta está sendo a caravana máis exitosa da nosa historia, primeiro porque o equipo humano que estamos entregando parte do noso tempo e corazón a acompañar esta loita é o mais compacto e coherente da nosa traxectoria:
Unha txeli que cos seus apenas 40 kilos é a formiga mutante máis nuclear e dinamica do plantea terra e parte do extranxeiro , subindo cerros e baixando redilas ai vai a txelilu cargando co que faga falta e facendo de técnica da compañía.

Vén con nós unha xornalista convertida en documentalista(con varios premios ás costas) que dende as montañas catalanas é cronista zapàtista dos últimos 11 anos de movemneto, anna soldevila, un anxo que eu tiven a sorte de coñecer na caravana da cor da terra. Andrea, a nosa acróbata ibicenca, quen lle dá vida e cor a Mauricio e a esta caravana de piratas coa nariz vermella.

E Illanes, o bardo, zancudo e acompañante máis cantarín da nosa traxectoria poo terras chiapanecas, que sempre ten unha tonada para alegrar o momento e que deixou prendida unha semnete de zancos (ou zangos como din eles).
Do Lokonuk e as suas tolemias nada hai que dicir porque xa queda patente nestas incapaces cronicas de momento e medio.

O caso é que este é un equipo extraordinario, pero a verdaderia forza e innovación achegárona os noso compas zapatistas de quen falerei aqui mudando o seu nome:

Pepe: un chol de 15 anos con irmans en estados unidos que resiste a penuria e ao goberno cunha simpatía desbordante que o fixo merecedor do cariño de toda a delegación pallaseira, metro e medio de inxenio pero sobre todo dun corazón que as veces tocou o ceo nestes 10 días.

Xurxo: un home con 19 anos capaz de namorar pola súas gracias e o seu rostro maya tallado ata a perfección e sobre todo polas suas inmesas capaciadades para todo, desde agarrar uns zancos e convertilos en arte en 15 min. ata gravar documentais co equipo de video de Roberto Barrios.

Chuchi: un lider en poptencia. Curta idade e estatura. É a mente responsable do grupo, sinxelo e cariñoso, agóchase baixo unha pel de rinoceronte, sen a que non podería rebotar as balas e as dores, pero cunha inmensa capacidade para comprender e actuar.

Por ultimo está o capitán destes homes de Harrison alternativos, chamémoslle Federico:

Fede é a mente e a alma deste cuarteto da vida, coordiandor durante todo este ano, formado politicamente e da outra forma tamén, é un autentico soñador e cando el fala sexa quen sexa escoita. Neste movemento o importante non son os cargos senón as capacidades demostradas e, sen lugar a dúbidas, el debe ter unha cantas que nós so podemos intuir.

Logo estiveron Susi, Manolo Boni, David, Servando Marcos, compañeiros de viaxe nalgunha das comunidades que completaron a nosa visión da realidade zapatista , desde abaixo e á esquerda. Xente comprometida da ata o ultimo alento e que con 16 ou 17 anos xa estaban artellando as novas formas de autonomía. Son as novas xeracións de promotores e promotoras de educación que cos seus valados de medos e vergonzas son capaces de enfrontar a un sistema que acaba coas xentes e o planeta.

Estamos seguros de que virán caravanas mellores , sempre, pero polo moemnto estamos gozando do regusto e o placer que nos dexaron dez días que poderán cambiar o mundo....

Crónicas anteriores:


4,8/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: