Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Un mes despois do fracaso no referendo

Chávez cambia a fondo o seu equipo de goberno

"Temos que buscar alianzas coa clase media e mesmo coa burguesía", comentou o presidente de Venezuela, despois de anuncia o relevo na vicepresidencia e nunha ducia de ministerios.

Redacción - 09:00 04/01/2008

A decisión de Hugo Chávez de cambiar o equipo de goberno coñécese ademais a poucos días do congreso fundacional do Partido Socialista Unido, PSUV. Chávez encomendoulle ao actual vicepresidente, Jorge Rodríguez, a preparación estreita desa cita. O seu posto no goberno venezolano vaino ocupar o que até o de agora foi ministro de Vivenda, Ramón Carrizález.

Chávez non afondou no resto de cambios, aínda que si confirmou que por exemplo a actual presidenta de CANTV, Socorro Hernández, será a nova ministra de Telecomunicacións e que quen até o de agora ocupara esa carteira pasará a Presidencia. Á súa vez, a responsábel deste departamento, Érika Farias, será a nova ministra de Participación e Protección Social. De paso, o presidente de Venezuela sorprendeu cun moderado discurso no que chamou a buscar alianzas "coa clase media e mesmo coa burguesía". "Non podemos deixarnos arrastrar polas correntes extremistas", dixo, "nós non somos extremistas nin podemos selo". "Non podemos propoñer teses que fracasaron no mundo enteiro, como iso de eliminar a propiedade privada", comentou.


3/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: