Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
O CONSORCIO AUDIOVISUAL PRESENTOU OS SEUS PROXECTOS

O cinema galego mirará cara a América en 2008

Intensificaranse as relacións internacionais do cinema galego, en particular as que mantén con América, e fomentaranse as coproducións.

Redacción - 12:54 02/01/2008

Entre os proxectos máis destacados do Consorcio Audiovisual de Galicia para o ano 2008 atópase a celebración do II Encontro Audiovisual Galicia-Brasil e o I Encontro Audiovisual Galicia-México. De igual xeito intensificaranse as relacións con Unifrance, que permitirán a organización de encontros tanto en Galiza como en Francia co sector audiovisual deste país. O obxectivo é favorecer a distribución internacional do cinema feito no noso país e incentivar a realización de coproducións, emprestando unha atención especial aos países Iberoamericanos.

Así mesmo, o Consorcio ten previsto organizar mostras semanais de cinema inédito en Galiza das cinematografías arxentina, brasileira e cubana, co obxectivo de afianzar as relacións institucionais, profesionais e artísticas iniciadas con anterioridade. Finalmente, levaranse a cabo os III Encontros co Cine Galego Galicia Terra de Cine e crearase a I edición do Encontro Galicia Escenario de Publicidade.

Liñas de axuda

Entre as liñas de axuda económica que o Consorcio recolle para o ano 2008 cómpre salientar a cuarta convocatoria das axudas de impulso á coprodución de longametraxes cinematográficas con empresas produtoras independentes de Arxentina, Cataluña e Andalucía no marco do Acordo Raíces. Convocaranse ademais axudas co fin de impulsar a coprodución de longametraxes cinematográficas con empresas produtoras independentes de Brasil, no marco do acordo asinado entre o Consorcio e a Agencia Nacional do Cinema. Así mesmo, crearase unha nova achega de cara a promoción e distribución das obras audiovisuais galegas.

Formación
No que se refire ao apartado formativo, o Consorcio Audiovisual de Galicia continuará a colaboración co Curso de Posgrao en Comercialización Internacional de Contidos Audiovisuais en colaboración coa Universidade da Coruña. Este curso pretende formar axentes de vendas especializados no coñecemento dos mercados mundiais de cine e tv, técnicas de comercio exterior, coprodución, negociación, explotación transnacional e contratos audiovisuais. Ademais, está prevista a realización de cursos monográficos de inglés audiovisual, obradoiros de dobraxe e lingua e de prácticas escénicas. Tamén se organizarán cursos de dirección de actores e de dirección artística; de desenvolvemento de proxectos de documental e de telefilmes, así como de locución publicitaria en galego e de guión.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: