A área de Normalización Lingüística prepara unha normativa para darlle presenza real á lingua do país no consistorio.
A área de Normalización Lingüística do Concello da Coruña ten xa elaborado un anteproxecto no que se cualifica o galego como a lingua propia da administración e á vez preferente. Segundo a propia concelleira da área, Emitas Valencia, o obxectivo do borrador é dar “medidas e pautas” para os traballadores e lograr unha presenza real do idioma do país. A iniciativa pode entrar en vigor no primeiro trimestre de 2008.
O borrador da ordenanza contempla que o Concello terá que redactar formularios, rótulos de despachos, cuños e impresos en galego. O persoal municipal empregará o galego como primeira lingua, agás que o cidadán demande expresamente ser atendido en castelán.