A última fin de semana antes do Nadal non é só para organizar ceas de amigos e compañeiros de traballo. Hai tamén tempo para a música. Ou iso parece, vendo a cantidade e calidade dos concertos programados estes días nas salas galegas. Chama a atención, sobre todo, que estes días visitarán Galiza algunhas das bandas revelación do 2007, comezando polos galegos
Triángulo de Amor Bizarro (xoves e venres na Mardi Grass da Coruña), os madrileños
Nothink (xoves en Vigo, venres en Pontevedra e sábado na Coruña) e
Manos de Topo, con dous integrantes galegos e dous cataláns (venres en Vigo e sábado na Coruña). Ademais,
Loretta Martin,
Nao,
Niño y Pistola,
Meu ou
Guezos completan o cartaz.
A fin de semana podería ter sido completa, de non terse suspendido o
Festival Pop-Rock Nadal 2007, previsto para o sábado no Pavillón da Travesas de Vigo, e no que ían actuar
Triángulo de Amor Bizarro,
Dorian e
Amaro Ferreiro.
Xoves 20A Coruña.
Triángulo de Amor Bizarro +
Franc3s, Sala Mardigrass. 22:30h. 10 euros.
Vigo.
Nothink +
A Pedir de Milkhouse. Fábrica de Chocolate Club. 5 euros.
Venres 21Baiona.
Som do Galpom, Marrucho. 23:00h. Entrada libre.
Cariño.
Guezos, Ogmios.
A Coruña.
Triángulo de Amor Bizarro +
Los Iribarnes, Sala Mardigrass. 22:30h. 10 euros.
A Coruña.
Loretta Martin, Rock'n'Roll Bar. 22:30h.
O Porriño.
Septiembre Negro. Liceum. 2/3 euros.
Pontevedra.
Nothink +
A Pedir de Milkhouse. Sala Karma. 4 euros.
Vigo.
Manos de Topo, La Iguana Club.
Vigo.
Nao +
Fiona at Forty, Remache. 22:00h. 5 euros.
Sábado 22Allariz.
Niño y Pistola. Café Roi Xordo.
Caldas de Reis.
Nao +
Fiona at Forty, Zona Zero. 23:00h. 5 euros.
Carballo.
Meu, Sala A Reserva. 23:00h. 6 euros.
A Coruña.
Nothink +
A Pedir de Milkhouse, Playa Club. 00:00h.
A Coruña.
Manos de Topo, Sala Jazz Vides.
Ferrol.
Som do Galpom. Fundación Artabria. 23:00h. 3 euros.
Portonovo.
Los Iribarnes +
Telephones Rouges, Woodstock.
Serra de Outes.
Guezos, Café Concerto Antano.