Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
CERTAME NA REDE

Portugal escolle os seus mellores blogs

Danse a coñecer as bitácoras gañadoras do concurso Melhor blog português 2007.

Redacción - 12:35 19/12/2007

A blogosfera portuguesa acaba de dar a coñecer os premiados na competición "Melhor Blog Português". A iniciativa, organizada pola bitácora 2.0 Webmania, comezou o 1 de outubro co nomeamento das diferentes candidaturas.

O 15 de decembro fixéronse públicos os nomes dos vencedores en dez categorías: medicina e saúde, media, música, economía e finanzas, podcast, política e sociedade, SEO, tecnoloxía e gadgets, vídeos e videoblogs e mellor blog portugués. O máis votado destes últimos foi Bitaites, bitácora subtitulada "A Informática foi apenas um pretexto". O podio complétano Há Vida em Markl e 31 da Armada.

As listaxes completas de gañadores están dispoñíbeis na web do concurso.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: